Opentrad volve ao SIMO Network

24/09/2010

Nova: Opentrad volve ao SIMO Network

O Consorcio de Tradución automática Opentrad estará presente de novo no SIMO Network para promover a plataforma de tradución automática en código aberto de maior crecemento de Europa. O evento celebrarase do 5 ao 7 de outubro en IFEMA, Madrid.

As empresas do Consorcio, Eleka Ingeniaritza Linguistikoa S.L e imaxin|software, presentarán as novidades tecnolóxicas e lingüísticas que ofrece a versión máis recente do tradutor automático. Estas innovacións comprenden novos pares de idiomas e ferramentas que amplían a funcionalidade e facilidade de integración de Opentrad. Destacan este ano as melloras desenvolvidas para os pares inglés-español e español-portugués, así como o novo par inglés-portugués. Estes pares de portugués son os primeiros en recoller a posibilidade de traducir tendo en conta as novas regras ortográficas da lingua portuguesa.

Espazo de Opentrad en SIMO 2010: Pavillón_10 | Caseta_10G07

Unha cita coa innovación que non podes perder se queres descubrir como Opentrad pode axudar a mellorar a produtividade da túa empresa.

 
  • imaxin|software
  • Eleka