Visita a Opentrad no SIMO

06/10/2010

Nova: Visita a Opentrad no SIMO

As empresas do Consorcio de Tradución automática Opentrad, Eleka Ingeniaritza Linguistikoa S.L e imaxin|software, están a presentar aos visitantes as novidades tecnolóxicas e lingüísticas que ofrece a versión máis recente do tradutor automático. Estas innovacións comprenden novos pares de idiomas e ferramentas que amplían a funcionalidade e facilidade de integración de Opentrad. Destacan este ano as melloras desenvolvidas para os pares inglés-español e español-portugués, así como o novo par inglés-portugués. Estes pares de portugués son os primeiros en recoller a posibilidade de traducir tendo en conta as novas regras ortográficas da lingua portuguesa.

Visita a nosa caseta no SIMO Network do 5 ao 7 de outubro en IFEMA, Madrid: Pavillón_10 | Caseta_10G07

Unha cita coa innovación que non podes perder se queres descubrir como Opentrad pode axudar a mellorar a produtividade da túa empresa.

 
  • imaxin|software
  • Eleka