Opentrad e as redes sociais, novos horizontes

21/03/2011

Nova: Opentrad e as redes sociais, novos horizontes

Aproveitando que Opentrad dispón de nova web e que ofrece novas oportunidades, propuxémonos o reto de mellorar a comunicación cos nosos clientes e amigos. Coñecer as vosas opinións, necesidades e preferencias é fundamental para que Opentrad avance. 

As redes sociais parécennos espazos idóneos para que se produza ese encontro, onde podemos manter un diálogo ou, por exemplo, onde propomos algúns retos e concursos (Concurso de ideas para darlle nome á mascota Opentrad).  

Tendo todo isto en conta abrimos contas nalgunhas das redes sociais máis coñecidas, así podes nos seguir en Facebook , Twitter, Linkedin e Youtube

Visítanos e deixa os teus comentarios ou propostas!

 
  • imaxin|software
  • Eleka