Nova web, novas oportunidades

21/03/2011

Nova: Nova web, novas oportunidades

Lanzamos unha nova web para a nosa plataforma de servizos de tradución automática cun novo deseño e novidades importantes:

- Agora xa podes traducir os teus documentos nos formatos máis utilizados: DOC, DOCX, XLSX, PPTX, TXT, ODT, HTML e XML.

- Propomos un sistema de pagamento fácil, rápido e anónimo vía SMS.

- Ofrecemos novos plans e prezos para particulares, profesionais e empresas, cun abano de novos formatos, novos pares de tradución, ferramentas de integración e de adaptación ás túas necesidades. 

Temos moitas máis ideas para que Opentrad siga a avanzar: novas funcionalidades, novos formatos, novos pares de linguas, novas tecnoloxías de tradución automática, novos modelos de integración. 

Infórmate a través da nosa web ou síguenos nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin e Youtube).

 
  • imaxin|software
  • Eleka