Aposta pola calidade para a tradución de documentos
29/03/2011
Opentrad aposta pola calidade e, para alén das vantaxes que ofrece coa nova web, garante unha mellora continua dos seus principais pares para a tradución de documentos.
O feito de que os tradutores automáticos dispoñibles na web sexan en código aberto favorece a colaboración do Consorcio Opentrad, das Universidades e da comunidade no perfeccionamento dos pares de tradución. Isto reflíctese no progreso continuado da maioría dos pares e que Opentrad actualiza de forma cíclica na súa web. As melloras poden tratarse de, por exemplo, a adición de terminoloxía ausente nos dicionarios, a ampliación da información gramatical e sintáctica ou o recoñecemento de nomes propios e toponimia; garantindo así a adaptación a novos contextos e realidades emerxentes.
O acceso ás versións máis actuais dos pares de tradución é exclusiva para os/as usuarios/as que traducen documentos a través do noso novo sistema de pagamento.

