Opentrad celebra o Día da Internet e o Día das Letras Galegas

16/05/2011

Nova: Opentrad celebra o Día da Internet e o Día das Letras Galegas

O DÍA 18 EN OPENTRAD GRATIS A TRADUCIÓN DE DOCUMENTOS

 

Con motivo da celebración o día 17 de maio do Día de Internet e do Día das Letras Galegas, a páxina web de Opentrad ofrecerá durante o día 18 de maio a tradución gratuíta de documentos, uníndose así por un día á oferta gratuíta de tradución de textos e páxinas web.

A tradución gratuíta de documentos poderá realizarse ao longo do día 18 de maio xa que o día 17 é festivo en Galicia e queremos que todo o mundo poida aproveitar o noso agasallo. O código que se deberá introducir é PEREIRO, en homenaxe ao poeta Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Por que ese día? O día 17 de maio coinciden dous acontecementos da maior relevancia para nós: O Día das Letras Galegas, que naceu para exaltar a lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria e o Día da Internet. Queremos con este agasallo aos usuarios facer a nosa pequena achega a estas celebracións. Non podemos esquecer que inicialmente Opentrad tivo como protagonistas centrais as linguas peninsulares, entre elas o galego. Os usuarios poden probar, entre outras posibilidades, a tradución de documentos, textos e webs en inglés, español e portugués para galego, e viceversa.

Queres probar o noso sistema? O 18 é o teu día!

 

 
  • imaxin|software
  • Eleka