Actualidade
Opentrad celebra o Día da Internet e o Día das Letras Galegas
16/05/2011
O DÍA 18 EN OPENTRAD GRATIS A TRADUCIÓN DE DOCUMENTOS
Con motivo da celebración o día 17 de maio do Día de Internet e do Día das Letras Galegas, a páxina web de Opentrad ofrecerá durante o día 18 de maio a tradución gratuíta de documentos, uníndose así por un día á oferta gratuíta de tradución de textos e páxinas web.
A tradución gratuíta de documentos poderá realizarse ao longo do día 18 de maio xa que o día 17 é festivo en Galicia e queremos que todo o mundo poida aproveitar o noso agasallo...
Nova completaCalidade que marca: comparativa Opentrad-Google para o par español-galego
26/04/2011
Dúas das principais tendencias na tradución automática actual son as representadas polos tradutores de transferencia estrutural (con información lingüística) e polos tradutores estatísticos (sen coñecementos lingüísticos). Cando a distancia entre os idiomas é reducida, como no caso dos idiomas románicos (español, galego, portugués ou catalán, entre outros), onde o foco de atención se centra máis en cuestións lingüísticas que nas de estrutura, resulta evidente, como mostraremos, que os tradutores...
Nova completaAposta pola calidade para a tradución de documentos
29/03/2011
Opentrad aposta pola calidade e, para alén das vantaxes que ofrece coa nova web, garante unha mellora continua dos seus principais pares para a tradución de documentos.
O feito de que os tradutores automáticos dispoñibles na web sexan en código aberto favorece a colaboración do Consorcio Opentrad, das Universidades e da comunidade no perfeccionamento dos pares de tradución. Isto reflíctese no progreso continuado da maioría dos pares e que Opentrad actualiza de forma cíclica na súa web. As melloras...
Nova completaNova web, novas oportunidades
21/03/2011
Lanzamos unha nova web para a nosa plataforma de servizos de tradución automática cun novo deseño e novidades importantes:
- Agora xa podes traducir os teus documentos nos formatos máis utilizados: DOC, DOCX, XLSX, PPTX, TXT, ODT, HTML e XML.
- Propomos un sistema de pagamento fácil, rápido e anónimo vía SMS.
- Ofrecemos novos plans e prezos para particulares, profesionais e empresas, cun abano de novos formatos, novos pares de tradución, ferramentas de integración e de adaptación ás túas necesidades...
Nova completaOpentrad e as redes sociais, novos horizontes
21/03/2011
Aproveitando que Opentrad dispón de nova web e que ofrece novas oportunidades, propuxémonos o reto de mellorar a comunicación cos nosos clientes e amigos. Coñecer as vosas opinións, necesidades e preferencias é fundamental para que Opentrad avance.
As redes sociais parécennos espazos idóneos para que se produza ese encontro, onde podemos manter un diálogo ou, por exemplo, onde propomos algúns retos e concursos (Concurso de ideas para darlle nome á mascota Opentrad).
Tendo todo isto en conta...
Nova completa

