Aviso legal

 

CONDICIÓNS XERAIS DE "http://traductor.opentrad.com/"

O sitio web www.opentrad.com é propiedade e está xestionado por FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL (de agora en diante "PRESTADOR") cuxos datos completos son os seguintes:

FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL CIF: B-70.001.912 

Enderezo: RUA SALGUEIRIÑOS DE ABAIXO Nº 11 LOCAL 6 15704-SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981554068

Fax: 981554988

Correo Electrónico: imaxin@imaxin.com

Empresa inscrita no rexistro mercantil de A Coruña, tomo 3.000, libro da sección xeral de sociedades, folio 150, nº C-36.633 inscrición 1ª


DEREITOS E OBRIGAS DO/A USUARIO/A

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no sitio web atribúe, desde o seu comezo, a condición de usuario/a e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas Condicións Xerais. Para o acceso aos servizos deste sitio web, en todo o que non teña carácter gratuíto ou impoña unha serie de obrigas, o/a usuario/a debe ser maior de idade e dispor da capacidade legal e representación necesaria para obrigarse xuridicamente. A utilización dos servizos ofrecidos no sitio web implica que o/a usuario/a declara cumprir estes requisitos. O/A usuario/a que accede ao sitio web debe cumprir estas Condicións Xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme a lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza. Así, o/a usuario/a non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos do sitio web, a excepción dos datos que o/a propio/a usuario/a introducira, nin prexudicará de ningunha forma a súa integridade ou funcionamento.

Os datos persoais que deban facilitar os/as usuarios/as para acceder aos mencionados servizos ficarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Ficarán rexistrados nas bases de datos, propiedade de PRESTADOR, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

PRESTADOR poderá suprimir ou suspender o acceso ao sitio web do/a usuario/a que  incumprira calquera das obrigas expresadas nestas Condicións Xerais. O/A usuario/a que incumpra intencional ou culpablemente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, cause a PRESTADOR ou a un terceiro.  

RESPONSABILIDADE DE PRESTADOR

PRESTADOR resérvase o dereito de realizar modificacións no sitio web, así como nestas Condicións Xerais. Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos/as usuarios/as, PRESTADOR non pode asumir responsabilidade: a)     Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos en PRESTADOR ou naqueles sitios web aos que o/a usuario/a acceda mediante ligazóns de hipertexto situadas no sitio web. b)     Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados. No sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo/a usuario/a medio/a, polo que PRESTADOR non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de PRESTADOR no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nestas Condicións Xerais. PRESTADOR non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario/a.  

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outro signo ou elemento susceptible de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do sitio web son propiedade de PRESTADOR ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no sitio web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos. En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre eses contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de PRESTADOR (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca "PRESTADOR") ou dos terceiros correspondentes. As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís contempladas na lexislación vixente.  

XURISDICIÓN

Todo litixio ou controversia que xurda entre PRESTADOR e un/ha usuario/a sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións Xerais ou, en xeral, relacionado de maneira directa ou indirecta coa utilización dos servizos ofrecidos no sitio web será resolvido polos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela. Como requisito previo ao comezo do litixio, PRESTADOR e o/a usuario/a obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo de un (1) mes contado desde a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.  

COMUNICACIÓNS

Para calquera comunicación que sexa precisa entre PRESTADOR e o/a usuario/a, este/a deberá dirixirse ao domicilio indicado de PRESTADOR, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou correo electrónico) que se indican na sección CONTACTO da web. As comunicacións de PRESTADOR ao/á usuario/a realizaranse mediante os datos fornecidos por este/a ao rexistrarse no sitio web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada polo/a usuario/a.

 

 

 
  • imaxin|software
  • Eleka