Política de privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE "http://traductor.opentrad.com"

 

PROTECCIÓN DE DATOS

 

Para os efectos da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informamos o/a usuario/a de que os datos de carácter persoal referentes a persoas físicas, solicitados en calquera das seccións do sitio web, ou calquera outros fornecidos polo/a usuario/a durante a relación con FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL, así como aqueles que se recollan como consecuencia da relación que se estableza, serán incluídos en ficheiros de datos de carácter persoal cuxo responsable é FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL, e cuxa finalidade é a xestión e control da relación contractual ou negocial establecida, a realización de contactos diversos así como a xestión de facturación, contable e fiscal esixible legalmente.

 

O tratamento ten igualmente como finalidade o remitirlle información sobre bens e servizos que poidan ser do seu interese, ampliar e mellorar os nosos servizos adecuando o noso sitio web ás súas preferencias ou necesidades, permitirlle unha navegación personalizada, deseñar novos produtos e servizos e o envío de cuestionarios por calquera medio, cuxa contestación é voluntaria, agás se neles se dispor outra cousa.

 

Os campos marcados con "Requirido" son de carácter obrigatorio, polo que non cubrir eses campos impedirá ao/á usuario/a gozar, total ou parcialmente, dos servizos e informacións ofrecidos polo sitio web. Con base no anterior, o/a usuario/a consente no mencionado tratamento así como, se for o caso, na comunicación dos seus datos a outras compañías, mesmo a nivel internacional, para efectos da provisión dos bens ou servizos solicitados. Así mesmo, por medio da facilitación dos seus datos, o/a interesado/a autoriza expresamente a FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL para que lle envíe información comercial por correo electrónico, en cumprimento do artigo 21 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).

 

Os datos persoais recollidos por FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL terán a protección adecuada conforme o establecido no Título VIII do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo cal se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que desenvolve o artigo 9 da LOPD.

 

Por medio da aceptación destas Condicións Xerais, o/a usuario/a garante que os datos e informacións fornecidos a FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL a través do sitio web ou por calquera outro medio son os seus propios; caso contrario, o/a usuario/a garante dispor do consentimento expreso dos titulares dos datos e informacións para a súa comunicación a FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL, co obxecto de que poidan ser incorporados aos nosos ficheiros nas condicións e coas finalidades establecidas nas presentes Condicións Xerais. FACTORIA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA SL, como responsable do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos aportados. Para iso o/a usuario/a, poderá pórse en contacto mediante os distintos medios de comunicación indicados na sección CONTACTO.

 

 

 
  • imaxin|software
  • Eleka