Condicións de Contratación

 

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DO PORTAL WEB "http://traductor.imaxin.com" DA EMPRESA "FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA S.L."

 

Estas condicións xerais regulan o contrato establecido entre FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA S.L. con NIF B-70.001.912, domiciliada na RUA SALGUEIRIÑOS DE ABAIXO Nº 11 LOCAL 6 15704-SANTIAGO DE COMPOSTELA;  a partir de agora FACTORÍA DE SOFTWARE, e o CLIENTE, (a partir de agora "CLIENTE"), relativo á prestación, vía web, dos servizos ofertados na web http://traductor.imaxin.com

 

A contratación do servizo de tradución implica a aceptación destas condicións xerais, as cales, xunto ao aviso legal e á política de privacidade, pasarán a formar parte do contrato. Tratándose de contratación electrónica, esta relación de cláusulas é plenamente válida de acordo entre as partes co artigo 23 e seguintes da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos de Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI).

 

Como cliente, declara ser maior de idade e dispor da capacidade xurídica suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais que adquiren a forza de contrato entre as partes que se rexerá polas seguintes cláusulas:

 

OBRIGAS DO CLIENTE

 

Primeira O cliente que requirir un servizo de tradución de pagamento deberá seguir os pasos indicados na páxina inicial do portal. Eses pasos consistirán en:

- Introdución dun texto en formato DOC, DOCX, ODT, ODS, ODP, XLSX, PPTX, XML, HTML e TXT (até un máximo de 5 megas) e selección do idioma orixinal do texto.

- Selección do idioma para o cal se desexa traducir.

- Pagamento mediante tarxeta/Paypal de acordo co explicitado abaixo.

 

Segunda O cliente responderá pola licitude dos documentos que achegue, garantindo que ningún dos contidos é ilícito, extra comercio ou lesivos de dereitos alleos (especialmente, mais non limitativamente: dereitos de propiedade intelectual e propiedade industrial). FACTORÍA DE SOFTWARE resérvase a potestade de pór en coñecemento das autoridades competentes ou, no seu caso, de atender os requirimentos da autoridade competente, un contido que for potencialmente ilícito ou que atender contra a orde pública, a seguranza pública, a defensa nacional, a saúde pública, a dignidade da persoa e o principio de non discriminación por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade ou calquera outra circunstancia persoal ou social, e a protección da mocidade e da infancia.

 

Terceira En particular o cliente garante que posúe dereito suficiente sobre a obra para poder proceder á transformación da mesma (tradución) ou, se for o caso, fica obrigado a solicitar aos titulares dos dereitos de propiedade intelectual os permisos pertinentes que, de acordo ao Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo cal se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, sendo o CLIENTE o obrigado a satisfacer o pagamento de dereitos, tarifas ou cantidades que foren de aplicación.

 

Cuarta O cliente garante que, en caso de cesións de datos de carácter persoal de terceiras persoas físicas, posúe consentimento dos interesados para poder realizar esa cesión, de acordo co establecido no Título II da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

 

Quinta O cliente non só exime explicitamente a FACTORÍA DE SOFTWARE de toda responsabilidade polos contidos dos textos facilitados, senón que tamén responderá directamente polos danos e prexuízos causados tanto polo incumprimento das presentes cláusulas como pola introdución de documentos con software defectuoso, malicioso ou malintencionado.

 

Sexta Remuneración; Como contraprestación polo servizo, o cliente ficará obrigado a satisfacer o prezo na contía e forma de pagamento que se indican a seguir:

 

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

Sétima O prezo, forma de pagamento, facturación e cobramento polo servizo de tradución prestado segundo o presente contrato será da seguinte maneira:

Establécese unha tarifa única de 1,5 € (IVE non incluído) para documentos dun tamaño máximo de 5 MB.

Poderase realizar o pagamento mediante:

  • Cartón de crédito ou débito
  • PayPal

OBRIGAS DA EMPRESA

 

Oitava FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA  S.L. comprométese á prestación do servizo obxecto deste contrato tal e como se determina na oferta no portal web.

 

Novena Enviado o texto e realizado o pagamento a FACTORÍA DE SOFTWARE, o cliente premerá o botón "TRADUCIR"; nuns segundos mostraráselle ao cliente unha pantalla onde pode descargar o documento e mostraráselle  unha ligazón onde a tradución ficará ao seu dispor durante un período de 24 horas, podendo, se o desexar, descargalo de novo. Pasado este tempo o documento elimínase do servidor.

 

Décima FACTORÍA DE SOFTWARE comprométese a que todas as transferencias de datos que se efectúen disporán das medidas de seguranza, acorde ao seu nivel, establecidas pola Lei Orgánica de Protección de Datos.

Caso a información que o cliente envíe para a súa tradución incluír datos de nivel alto, deberá advertir previamente á solicitude de tradución, mediante comunicación irrefutable, a existencia de datos deste nivel, co fin de que FACTORÍA DE SOFTWARE tome as medidas de seguranza oportunas; declinando FACTORÍA DE SOFTWARE toda posible responsabilidade de non producirse este aviso previo e recaendo no CLIENTE responder ante posibles danos e prexuízos. En calquera caso, FACTORÍA DE SOFTWARE resérvase a posibilidade de non aceptar o encargo desa tradución.

Ambas as partes comprométense expresamente á conservación de todas as informacións cruzadas entre elas, foren a través do URL de FACTORÍA DE SOFTWARE ou a través do correo electrónico, como proba das transaccións realizadas.

 

Undécima FACTORÍA DE SOFTWARE adoptou as medidas oportunas, no que respecta aos medios e sistemas baixo o seu control, para a dispoñibilidade da súa páxina web e do servizo a través da rede.

 

Duodécima FACTORÍA DE SOFTWARE garante que adoptou as medidas oportunas de seguranza nas súas instalacións, sistemas e ficheiros, así como o tratamento confidencial dos datos persoais de conformidade coa lexislación vixente aplicable.  Tamén se compromete a manter a confidencialidade sobre toda aquela información que o CLIENTE fornecer para realizar os servizos encomendados. Neste sentido, FACTORÍA DE SOFTWARE ten establecidos controis internos cuxo obxectivo e finalidade é garantir este compromiso de confidencialidade. Este compromiso de confidencialidade manterase vixente incluso despois de extinguida esta relación contractual e respecto a todo o persoal que teña acceso á devandita información confidencial, con carácter indefinido.

 

EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE DE FACTORÍA DE SOFTWARE

 

Décimo Terceira Sen prexuízo da cláusula undécima, debido á especial configuración da internet, FACTORÍA DE SOFTWARE non pode garantir e non garante a dispoñibilidade e continuidade do acceso á aplicación web, a cal pode ficar non operativa ou inaccesible por calquera motivo e de forma enunciativa mais non limitativa por causa de (i) mal funcionamento do programa de computador ou das aplicacións informáticas ou dos computadores, (ii) procedementos de mantemento ou reparación periódicos ou extraordinarios ou (iii) outros motivos non so control de FACTORÍA DE SOFTWARE ou que non foren razoablemente predicibles e por causas de forza maior. Así mesmo, FACTORÍA DE SOFTWARE non se fai responsable das interrupcións e deterioracións na calidade da dispoñibilidade do servizo por causas atribuíbles a fallos nas infraestruturas informáticas do cliente e/ou usuarios/as, nin aos atribuíbles a outros fornecedores subcontratados que interveñan para facer posible que FACTORÍA DE SOFTWARE preste os servizos. Neste sentido o cliente responderá dos danos e prexuízos causados pola introdución de software deteriorado ou con virus ou outros elementos maliciosos.

1.     No entanto, e cando iso for razoablemente posible, FACTORÍA DE SOFTWARE advertirá previamente das posibles interrupcións do servizo. A responsabilidade de FACTORÍA DE SOFTWARE polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do acceso á aplicación web ou ao sitio web desde o que se prestan os servizos ficará limitada ao importe económico que debe pagar o CLIENTE, como contraprestación polo servizo contratado.

2.     Para os efectos destas Condicións Xerais entenderase por forza maior, a título enunciativo mais non limitativo, (1) todo suceso non culposo imposible de prever, ou que previsto ou previsible, for inevitable, (2) os fallos no acceso ás distintas páxinas web da tenda online, (3) os fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica, (4) os danos producidos por terceiros ou ataques ao servidor do portal (virus) que afectaren á calidade dos servizos e non foren imputables nin a FACTORÍA DE SOFTWARE nin ao cliente, (5) os fallos na transmisión, difusión, almacenamento ou entrega a terceiros dos produtos e demais contidos do portal, (6) os problemas ou erros na recepción, obtención ou acceso á tenda online por parte dos devanditos terceiros, (7) incendios, (8) inundacións ou terremotos, (9) folgas ou conflitos laborais ou outras desordes sociais que impediren a subministración dos produtos e, por tanto, o cumprimento das obrigas asumidas por FACTORÍA DE SOFTWARE, (10) a escaseza ou indispoñibilidade de combustible ou enerxía eléctrica, (11) accidentes, (12) conflitos bélicos, (13) embargos comerciais ou de calquera tipo, (14) bloqueos, (15) disturbios, ou (16) por razón de calquera disposición gobernamental.

3.     O compromiso de confidencialidade non se aplicará á información:

a.    que é agora ou será nun futuro de dominio público sen culpa da parte que recibe a información,

b.    que antes da divulgación estea correctamente en posesión lexítima da parte que a recibe,

c.    que con posterioridade á divulgación, sexa legalmente recibida dunha terceira parte sen restricións na súa divulgación; ou

d.    que se obrigue a facilitar por requirimento dunha autoridade competente, salvo que sexa o obxecto dun acordo de confidencialidade ou orde respecto do devandito proceso.

 

Décimo cuarta.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Este contrato rexerase polas leis aplicables españolas. As partes intervenientes acordan que todo litixio, discrepancia, cuestión ou reclamación resultante da execución ou interpretación deste contrato ou relacionado con el, directa ou indirectamente, será resolvido definitivamente mediante sometemento aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela con renuncia expresa a calquera outro foro ou demarcación xurisdicional que puider resultar competente.

 
  • imaxin|software
  • Eleka