Choose your language
TRADUZA
O teu tradutor automático e moito máis!
Multilingüe, libre e gratuíto
Opentrad é unha plataforma de tradución automática en código aberto baseada nas tecnoloxías Apertium e Matxin e de uso gratuíto para todo o público na súa versión básica, mais que se pode adaptar ao ámbito lingüístico e informático do cliente nas súas versións personalizadas.
Actualmente ofréceche a tradución entre máis de vinte idiomas, que irán aumentando no futuro.
Miles de persoas e varias ducias de empresas e administracións públicas utilizan Opentrad para a tradución de textos, documentos ou páxinas web. Consulta a nosa lista de clientes .
Personalizable
O deseño de Opentrad permite a súa adaptación e personalización tanto desde o punto de vista lingüístico, adoptando o libro de estilo dunha organización, como desde o punto de vista técnico, permitindo a súa integración en redes IP ou unha total integración con outros sistemas.
Eleka Ingeniaritza Linguistikoa e imaxin|software ofrecen diferentes servizos de valor engadido que permiten unha personalización e integración total de Opentrad adaptándose ás súas necesidades.
Novas
Artigo en Linguamática sobre o Carvalho
21-06-2010
A revista Linguamática publicou no seu v. 2, n. 2 un artigo sobre o proxecto Carvalho titulado:
Vencendo a escassez de recursos computacionais. Carvalho: Tradutor Automático Estatístico Inglês-Galego... nova completa
imaxin|software presenta o proxecto Carvalho
31-05-2010
A empresa imaxin|software presentará no mes de xuño o proxecto Carvalho.
Carvalho é un tradutor automático estatístico de código aberto e sustentábel entre o inglés e o galego construído a partir de recursos... nova completa

