Choose your language
Opentrad
Opentrad é unha plataforma de servizos de tradución automática en código aberto que traduce entre máis de 20 pares de idiomas. Dentro destes podemos destacar os seguintes:
- Inglés-Español
- Español-Francés
- Español-Portugués
- Español-Galego
- Español-Catalán
- Portugués-Galego
- Español-Eúscaro
Opentrad está a ser utilizado cada vez por máis usuarios, empresas e organismos públicos para traducir textos, documentos ou navegar pola internet en diferentes idiomas. Outros usuarios utilízano para ofrecer as súas páxinas persoais, empresariais, blogues, etc, en inglés, español, galego, portugués, catalán, etc.
Liberdade de tradución
A plataforma de servizos de tradución automática Opentrad está deseñada para ser 100% configurable e adaptable ás necesidades de cada cliente, permitindo a súa integración co resto de sistemas informáticos implantados na organización.
Seguimos a filosofía do software libre, o que permite:
- Optimizar o investimento en tecnoloxía. Os custos son derivados da adaptación e personalización do sistema e as necesidades particulares do cliente. Non se gasta en comprar licenzas.
- Independencia do fornecedor.
- Ao ter acceso ao código fonte hai unha máis fácil integración e configuración con outros sistemas e aplicacións.
- Existe unha comunidade mundial que desenvolve continuamente mellorías e releases para Opentrad.

"Opentrad permítenos integrar con facilidade a tradución automática nas nosas aplicacións".
Temos clientes con oficinas e centros de produción en diferentes países. Agora podemos ofrecerlles solucións que faciliten a xestión dos diferentes idiomas en que traballan as súas delegacións.
Opentrad, facilidade de integración

