Partner

O programa de Opentrad partner está creado para empresas consultoras, desenvolvedoras de software, integradoras de solucións e de xestión de contidos que queiran integrar nas súas aplicacións solucións de tradución automática proporcionando un maior valor aos seus clientes.

Quen pode ser membro do programa?

Empresas do sector TIC: consultoras, desenvolvedoras de software e empresas de xestión de contidos.

A solución sinxela a un problema complexo

Mediante un simple servizo web poderá integrar as funcionalidades do tradutor automático nas súas aplicacións. Fornecemos o código e o soporte necesarios para comunicar e integrar a súa aplicación co servidor de tradución.

  • Formatos: txt, html, xml, doc, docx, pptx, xlsx e odt.
  • Idiomas: español, galego, catalán, portugués, francés e inglés.

Valor para os clientes, valor para ti

Forneza maior valor aos seus desenvolvementos e produtos integrando ferramentas de tradución automática que permitan aos seus clientes aumentar a súa produtividade e minimizar os custos dos procesos derivados dunha xestión multilingüe.

Destaque no mercado ofrecendo solucións de valor engadido, asociando a súa marca a produtos innovadores, destacando sobre a competencia.

Reduza os custos derivados da xestión de contidos multilingües.

Apúntese a OpentradPartner e aprovéitese do poder da tradución automática.

Ademais como membro partner poderá utilizar Opentrad beneficiándose de importantes descontos.

Como poden os partners obter ingresos?

Para alén de dar valor aos seus servizos o programa para partners permitiralle obter ingresos extra mediante as comisións estipuladas para cada servizo comercializado. Consúltenos sobre o programa partner. Envíenos os seus datos a través do formulario de contacto. Seleccione no apartado "Motivo" a opción "Programa Partner".

Quere participar. Como pode obter información?

Para obter información sobre o noso programa envíenos os seus datos a través do formulario de contacto e seleccione no apartado "Motivo" a opción "Programa Partner".

 

 

 

superheroe

Será o superheroe dos seus clientes

Programa OpentradPartner, tradución automática ao seu servizo

  • imaxin|software
  • Eleka